O Centro Multidisciplinar Eloy Calvo e a asociación Unha Amiga sabe ver que necesitas unha aperta en colaboración co Concello de Santa Comba, continúan organizando os obradoiros de xestión emocional a través da música. Nesta sesión abordarase a psicomotricidade, a conciencia e control do noso corpo, o equilibrio, a respiración e o ritmo así como técnicas para fomentar a creatividade e a expresión corporal. A vindeira cita será o sábado, 6 de abril, ás 10:00h. no Salón Nobre do Museo Terra do Xallas (Casa do Pozo).  Non o dubides e anótate! Podes informarte e inscribirte contactando cos teléfonos do cartel